Saturday 04 de May de 2024

Elévase a definitiva a aprobación do proxexto de expropiación dos terreos afectados pola ampliación do punto limpo


O Concello adquirirá unha parcela de 5.096 m2 de superficie para mellorar e ampliar as instalacións.

Na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local celebrada hoxe elevouse a definitiva a aprobación do expediente de expropiación dos terreos afectados pola ampliación do punto limpo da Laracha. Fíxose unha vez superado o período de información pública ao que estivo sometido o documento por un período de un mes, durante o que non se presentaron alegacións.

O Concello vai adquirir 5.096 metros cadrados de superficie pertencente a unha única parcela catastral situada a carón do punto limpo. A dispoñibilidade deses terreos é condición necesaria para a futura execución do proxecto dirixido a aumentar os espazos desas instalacións municipais, o que permitirá mellorar e incrementar os servizos que se ofrecen nelas para comodidade dos usuarios e acadar unha más eficiente xestión dos diferentes tipos de residuos.

Salientar, ademais, que na sesión tamén foi concedida unha licencia urbanística.